Kero Kero Bonito | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 2011 - presente |
Xénero(s) | indie pop, electropop, dance-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Double Denim, Sony Music Entertainment Japan, Polyvinyl Record Co. |
Membros | Sarah Bonito Gus Lobban Jamie Bulled |
Artistas relacionados | bo en, マクロスMACROSS 82-99, Spazzkid |
Na rede | |
kerokerobonito.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kero Kero Bonito (KKB) é unha banda inglesa de indie pop procedente de Londres. O grupo está composto pola vocalista Sarah Midori Perry (coñecida polo seu nome artístico Sarah Bonito) e os produtores e multiinstrumentistas Gus Lobban e Jamie Bulled. O significado do seu nome é intencionadamente ambiguo, cunha derivacións das palabras onomatopeicas xaponesas para o croar da ra e un tipo de peixe.[1] Outros significados inclúen ao paxaro brasileiro quero-quero, e o evidente significado en galego ou portugués.[2]
O primeiro traballo da banda estivo influenciado polo J-pop, demais do dancehall, e da música de videoxogos;[3] porén, os seus lanzamentos despois do EP de 2018 TOTEP víronse influenciados por grupos de indie rock como Mount Eerie e My Bloody Valentine.[4][5] Perry, que é medio xaponesa, canta e rapea tanto en xaponés como en inglés.